xoves, 20 de decembro de 2018

Felicitacións do Nadal polo Mundo


Os alumnos de 4 anos elaboraron unha felicitación de Nadal moi especial, foron viaxando ao redor do mundo.
A montaxe tivo moitos pasos, a tarefa comezou cando Papá Noel deixounos unha mensaxe no noso buzón e nel pedía que fixéramos un vídeo onde aparecéramos felicitando o Nadal dende diferentes monumentos, pero claro o primeiro que tivemos que investigar foi "Que é un monumento?"
Algún dos rapaces diceron que os monumentos era: "xoguetes", "doces", "o espazo"...
As contestación foron moitas e moi variadas e o final decidimos consultalo con internet porque non o tíñamos moi claro; cando lle preguntamos a Siri "Que é un monumento" o primeiro que nos saíu foi o Dinoseto en Vigo, a partir de ese momento xurdiron moitos lugares e monumentos: a muralla China, a Torre Eiffel, as Pirámides de Exipto...
Agora só quedaba elixir as vestimentas e poñernos a gravar.




Ningún comentario:

Publicar un comentario