domingo, 4 de novembro de 2018

DESCUBRINDO BIBLIOTECAS DO MUNDO NO DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES

O pasado mércores 24 de outubro celebramos o Día das Bibliotecas, e como este curso o tema anual é a xeografía quixemos coñecer a biblioteca dun colexio doutro país.
O lugar elixido foi o novo centro da nosa compi Irene, que está en Larache (Marrocos). Todo o cole foi á biblioteca para agardar a chamada de Irene; fíxonos moitísima ilusión vela!!!
Ensinounos a biblioteca do seu cole, que están organizando e seguro que pronto será fermosísima e terá tantos usuarios e usuarias como a nosa biblio :)
Irene respondeu a algunhas das nosas preguntas, e nos contou que o que máis lle chama a atención dos libros escritos en árabe é que se abren do revés (ou son os nosos os que se abren do revés?), e tamén aprendimos algunhas palabriñas en árabe.
Os seus nenos e nenas tamén participaron nesta conexión. Presentáronse e compartiron con nós o que estaban lendo nese momento. Foi un momento precioso!! 
Moitas grazas a Irene e aos seus pequenos e pequenas por permitirnos coñecer bibliotecas do mundo!
 

Ningún comentario:

Publicar un comentario