xoves, 22 de novembro de 2018

CONTACONTOS

Hoxe a nai de Xonxa de 1º , Mali e a súa tía Marina, fixéronnos disfrutar  a 1º e 2º dunha viaxe que partíu do porto de Vigo e levou a Panchito, o protagonista,  ata a Antártida.
Lembrando a época na que tantos dos nosos devanceiros tiveron que emigrar ... cruzamos o oceano Atlántico con Panchito e pasamos por  Nova York, Cuba, Brasil, Uruguai, Arxentina ata chegar a Antártida onde o cabo dun tempo entroulle a morriña e volvemos a Galicia.

Fomos marcando o periplo e disfrutando de cousiñas desas cidades e paises por onde pasamos : un duo de Frank Sinatra e Ella Fitzgeral en Nova York, imaxes do malecón na Habana, a música de Vinicius de Moraes en Brasil, imaxes de Castelao na súa estancia na Arxentina cando tivo que fuxir polas súas ideas ...

Agradecemos moitísimo a Mali e Marina o seu bo facer e a elección deste conto tan ben traido a proposito da nosa temática anual.

Ningún comentario:

Publicar un comentario