O pasado 25 de novembro celebrouse o Día Internacional contra a Violencia de Xénero e dende o ciclo de infantil quixemos deixar claro que estamos totalmente en contra de calquera tipo de violencia, por suposto, tamén en contra da violencia de xénero. Eleximos o conto "Cuando las niñas vuelan alto" de Raquel Díaz Reguera para facer pensar aos pequenos todas aquelas cousas que ás veces nos impiden conseguir aquilo co que soñamos e despois fixemos un obradoiro moi especial, no que tecimos as nosas alas para voar ben alto. Entre todos rematamos o traballo cun mural colectivo no que deixamos claro o noso rexeitamento a este tipo de actitudes. Mirade que chulo quedou!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario