Nos recreos do xoves e do venres pasado tivemos uns encontros moi especiais: o inicio da formación dos e das axudantes de biblioteca!
Este ano hai moitísima participación, pero na biblio tamén hai moitas tarefas: facer empréstitos e devolucións, ordenar, recomendar libros, películas, música..., axudar no recanto do escornabot, explicar e comprobar quen logra superar o reto mensual...
Comezamos o luns 22, animádevos a coñecer o reto deste mes, que nos levará a un fermoso país veciño!
Comezamos o luns 22, animádevos a coñecer o reto deste mes, que nos levará a un fermoso país veciño!
Axudantes de 5º e 6º de Primaria escoitando as explicacións do Atopa a resposta!
Ningún comentario:
Publicar un comentario