Hoxe celebramos a última sesión do Clube relacionada cunha das lecturas deste curso. Canta pena nos dá sempre que esta actividade remate!
Puxemos sobre a mesa A praia da esperanza, de Agustín Fernández Paz (en Xerais).
Esta lectura foi un empréstito da biblioteca escolar Bibliorobiño, do CEIP Humberto Juanes. Gustaríanos agradecer este tipo de colaboracións entre bibliotecas, sen as caes non sería posible poñer en marcha o Club de Lectura.
O contido do libro, en xeral, gustou moito a todos, pois nos fala dunha castástrofe que sucedeu hai non moito tempo nas costas galegas. O afundimento do Prestige tocou o corazón de todos os nosos pequenos lectores, que pronto relacionaron esa traxedia coa vivida hai pouco nos seus fogares a causa dos incendios.
Foi unha sesión moi interesante, pois os membros (cada vez máis críticos no aspecto literario) comentaron que agardaban algo máis deste autor, en base a outros títulos del que leran. O texto resultoulles damasiado curto, faltáronlles puntos de vista (aquel do que ocurría no barco) e botaron en falta máis acción.
Porén, pareceulles interesante o modo en que o gran Agustín Fernández Paz introduciu a historia, creando un personaxe fantástico que a todos namorou.
Alongamos a charla durante a merenda e aproveitamos para falar de todos os títulos lidos e establecer o noso ranking persoal; para poñer palabras ao que significa para nós o Clube de lectura; para agradecer os momentos compartidos; para facer propostas para vindeiros cursos... Mesmo plantamos a semente para que se reivindique un Club de lectura no instituto!
Aquí vos deixamos os cometarios que xurden logo de realizar esta actividade... Só podemos estar agradecidos e emocionados. Para nós tamén foi todo un pracer!
GRACIAS!
Ningún comentario:
Publicar un comentario