venres, 23 de marzo de 2018

EXPOSICIÓNS HISTÓRICAS

Rematamos o trimestre con tres exposicións ao redor do noso proxecto anual  UN PASEO POLA HISTORIA.

Iniciaron a rolda os nenos de , contándonos o que investigaron sobre a evolución da muller dende a Prehistoria ata os nosos días e facendo especial fincapé na sociedade en igualdade que desexamos.

Os expertos en décadas pasadas de 1º leváronnos de paseo por feitos históricos do século, acompañados con pinceladas de éxitos musicais  de cada década e un elegante corpo de baile que daba pé a lembranzas dos seus avós.

Para rematar, os arqueólogos de Infantil amosáronnos a modo de telexornal todo o que investigaron, escavaron e lidaron nos obradoiros que realizaron para saber todo sobre os dinosaurios: como vivían, de que se alimentaban, que características tiñan, cantos ósos,  como eran as súas pegadas...

                   NORABOA a todos polo excelente traballo!      
                    




1 comentario:

  1. Geniales os videos do paseo pola historia e todo o q aprenden o mesmo tempo q se divirten

    ResponderEliminar