Hoxe, os alumnos de Educación Infantil e 1º e 2º de Educación Primaria foron convidados a asistir a unha sesión de contacontos a cargo de cinco nenas de 6º.
Marta, Sheila, Sofía, Ana e Laura prepararon con moito agarimo un conto rimado de Xoán Babarro e Carmen Queralt: O boneco de neve.
Puxeron en escena e recitaron unha tenra historia na que o sol, o vento e a neve proporcionan o necesario a tres nenas para que xoguen e o pasen ben un dia de inverno.
Neva, neva... Falopa, falopa... Na cociña ferve a sopa! |
Aos espectadores gustoulles tanto que pediron un bis, e elas repetiron encantadas. Son unhas artistas!
O público encantado coa posta en escena do conto. |
A verdade que nestas datas, e co frío que vai, encantaríanos poder xogar coa neve todos xuntiños no patio, como facían as nenas do conto...
Un nariz, dous ollos, dúas orellas... |
Moitas gracias pola vosa colaboración e polas vosas ganas, chicas!
Sodes estupendas!
Ningún comentario:
Publicar un comentario