domingo, 12 de novembro de 2017

UN NOVO APARELLO PARA A BIBLIOTECA

Estas últimas semanas, o Makerspace está cheo de rapaces con moitas ganas de xogar cos escornabots e realizar os retos de Librincios. Con tanta xente, sempre xurde algún que outro atranco; esta vez, unha roda rachou.

Decidimos ir á aula dos rapaces de 5 anos, que son todos uns expertos en robots, para preguntarlles que lle acontecía a peza. Logo de moito mirar e pensar como solucionar o problema atopamos unha solución moi interesante: tiñamos que facer unha nova roda!

O que non sabían estes pequerrachos era que. a partires deste ano. contamos cunha nova máquina coa que podemos traballar na Biblioteca e nas aulas: Unha impresora 3D.

A solución ao noso problema foi moi sinxela: descargamos a peza, introducímola na memoria da impresora e, ao cabo dun tempo... xa tiñamos unha nova roda en perfecto estado!

Os rapaces quedaron abraiados, e non é para menos. Esta máquina ten forma de forno e é capaz de realizar pezas tridimensionais.

Quén se anima a deseñar algo para crealo coa impresora?






Ningún comentario:

Publicar un comentario