Hoxe os alumnos de 3º foron coñecer aos que van ser os seus afillados lectores durante os próximos catro anos. O primeiro encontro sempre é algo tímido, pois os pequenos de 3 anos acaban de entrar no cole e aínda non coñecen ao resto de compañeiros.
Para romper o xeo, fixemos uns pequenos agasallos moi orixinais cos que contar historias e divertirnos xuntos. Aproveitamos para dicir que é unha forma moi entretida e doada de reutiliar os CDs raiados que xa non serven! Convertímolos en títeres!
Deseños orixinais dos padriños lectores! |
Agora que xa están as presentacións feitas, agardamos gocen de moitos encontros entre libros... e o que non son libros!
Encantados cos seus padriños... e cos seus agasallos! |
QUE TÍTERES MAIS CHULOS!! Xa me ensinaredes a facelos.
ResponderEliminarXIANA 5 EDUCACIÓN PRIMARIA