Hoxe os alumn@s de Infantil e 1º Ciclo asistiron a unha nova sesión de contacontos levada a cabo por dúas bruxas, Elena e Salomé, que contaron o conto doutra bruxa á que lle gustaban moito as hortalizas, especialmente as cabazas.
As nosas bruxas cantaron, bailaron e fixéronnos berrar, pero non de medo porque a verdade é que un pouco bruxas son, pero moi agarimosas.
Se queredes volver a escoitar como cantan e aprender a canción, premer no apartado de música e buscade a imaxe "A cociñar".
Ningún comentario:
Publicar un comentario