Onte veu á nosa biblioteca Xoan Sampaíño a explicarnos como funciona unha impresora 3D e como
podemos crear os nosos propios deseños.
Os alumnos do segundo ciclo están facendo un proxecto
que vai dende o deseño dos moldes ata a elaboración das bolechas, e quixeron
compartir con nós esta parte do mesmo.
Super 8, que é como se chama a impresora, estivo todo a mañá na biblioteca.
Puidemos ver, paso a paso, como un debuxo calquera pasa do papel ao plástico do
molde. Pequenos e maiores quedamos abraiados!
Xoan amosounos algúns programas (todos eles de software
libre) para debuxar no ordenador, elaborar figuras 3D e finalmente imprimilas.
Tamén resolveu moitas das nosas dúbidas sobre este máxico proceso: canto
plástico precisa para un molde, que temperatura alcanza para fundilo, canto
tempo precisa para imprimilo completo...
El montou el mesmo a súa impresora, peza a peza, e
aprendeu o manexo destes programas sen axuda.
“O único que se precisa son ganas de facelo”, díxinos ao longo da mañá.
Así que xa sabedes...
QUERER É PODER!
Foi xenial!!!!
ResponderEliminaryo también quiero probarlo....... algún moldecito para mi????
ResponderEliminarA min páreceme algo máxico!
ResponderEliminarMoitas gracias a Irene e a Xoán por traer cousas tan especiais ó noso cole.
Elena