venres, 29 de novembro de 2013

DOUS CONTOS SOBRE CARAPUCHIÑA

Hoxe, na Biblioteca, Irene contou aos alumnos de segundo ciclo dous contos sobre esa nena que sempre viste cun abrigo vermello.

Todos coñecemos xa a historia máis tradicional, así que ela descubriunos estas versións máis modernas do conto.

No libro de Contos por teléfono, De Gianni Rodari, hai un textiño titulado "A enredar os contos", que nos divertiu moito, xa que Irene se equivocaba unha e outra vez coa historia...

Despois contounos Lo que no vio Caperucita Roja, de Mar Ferrero, e aprendemos que as cousas non son o que parecen...

Se queredes descubrilas, xa a tedes na Biblioteca!

Momento de máxima tensión... Que será o que lle pasa a Carapuchiña?

Ningún comentario:

Publicar un comentario