mércores, 27 de novembro de 2013

APADRIÑAMENTOS LECTORES

  O día 20 de novembro, para celebrar o Día Internacional do Neno, leváronse a cabo os primeiros “Apadriñamentos lectores” deste curso.
  Neste caso, os alumnos de terceiro apadriñaron aos recénchegados ao colexio,os nenos e nenas de tres anos.
  Aquí tedes a cada ovella coa súa parella.


   Durante a “Hora de ler”, cada padriño ou madriña leu un conto (preparado con moito agarimo durante varios días) ao seu afillado ou afillada. Gozaron lendo e recibindo lectura, non hai máis que ver as súa caras felices!
  Antes de finalizar, agasallaron aos máis pequenos cuns marcapáxinas conmemorativos, para que lembren este día e teñan un recordo dos seus padriños e madriñas.
  A partir de agora, poderán lerlles contos sempre que queran e, ademáis, neste trimestre axudaranlles a escribir a súa carta aos Reis Magos.
  Que bonito é compartir lectura!
                Preme na imaxe para ver o video


Ningún comentario:

Publicar un comentario