🌞 DESPEDÍMONOS ATA SETEMBRO!!🌞
venres, 28 de xuño de 2024
xoves, 27 de xuño de 2024
OS MÁIS LECTORES e LECTORAS do CURSO 23-24
NOTICIA DE LIBRINCIOS!!
O noso amigo Librincios, despois de moito investigar, atopou aos nenos máis lectores deste curso que xa remata. Custoulle moitísimo decidirse, aos nenas e nenos de Vincios gústalles moito ler os libros e contos que cada curso Librincios ten preparados para todos eles no cole!!
mércores, 26 de xuño de 2024
PROXECTO ANUAL: COIDAMOS O PLANETA
EXPOSICIÓNS 1º e 2º E.P.
Na 3ª avaliación, os nenos e nenas de 1º e 2º E.P. amosáronnos todo o que investigaron e aprenderon sobre o coidado do noso Planeta cos Proxectos que levaron a cabo ao longo deste curso.
Da man de 2º, descubrimos, e os profes lembramos, a traxedia que o afundimento do Prestige supuxo para as nosas costas galegas hai xa 20 anos, e como afectou na fauna e na flora mariña e nas praias afectadas.
No blog do 1º ciclo E.P. (Blogue das mestras LUCÍA e CRIS) poderás ver o moito que traballaron e o ben que o pasamos!
E as nenas e nenos de 1º P. aprendéronnos unha cheíña de cousas interesantes que temos que ter moi presente para coidar a casa de todos nós: o noso Planeta Terra!
luns, 24 de xuño de 2024
RECREOS DIVERTIDOS NA AULA DOS SOÑOS
Rematamos este curso cheo de alegrías e momentos moi divertidos na Aula dos Soños. Só esperamos que o curso que ven sexa igual ou mellor. BO VERÁN A TODOS E A TODAS, e grazas por estes momentos compartidos!!!!
domingo, 16 de xuño de 2024
DÍA MUNDIAL DA POESÍA
FESTEXAMOS A POESÍA
Vincios é unha terra de grandes poetas, e como mostra, Librincios déixavos aquí este mural tan fermoso no que as nenas e nenos do cole, dende o mes de abril, fomos deixando os nosos pequenos poemas.
Canta maxia agochada nestas pequenas verbas!
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)