xoves, 5 de outubro de 2023

PLATAFORMA DE LECTURA DIXITAL ELBE.2

 PLATAFORMA DIXITAL ELBE.2

Bo día, familias!

    Nos próximos días, o alumnado de nova incorporación ao Centro,  levará para casa  o  NOME DE USUARIOCONTRASINAL  para poder acceder e facer uso da PLATAFORMA DE LECTURA DIXITAL ELBE.2  cuxo obxectivo é achegar a  lectura dixital a nenos, nenas e familias.  O resto das alumnas e alumnos  continuarán empregando os facilitados o pasado curso.

     A Contrasinal a podedes cambiar se así o considerades (non así o Nome de Usuario).  Se optades por cambiala por outra lembrade  gardala, xa que para nos sería moi complicado poder recuperar esa conta.  Se non  modificastes  a contrasinal e por algún motivo extraviastes estas credenciais que nós vos facilitamos no seu momento, facérnolo saber, tentaremos volver enviárvolos.

    Lembrade que podedes visualizar o libro no ordenador, descargando unha aplicación para Windows no Microsoft Store (precisades crean unha conta se non a tedes).  Tamén a podedes visualizar no móbil ou tablet descargando a app no Play Store,  Apple Store ou Microsof Store (a aplicación é a de Lectura Dixital ELBE.2). 

    O libro (máximo 2 de xeito simultáneo) que seleccionedes,  o teredes en empréstito durante 15 días en formato dixital.  No presente curso escolar,  poderanse coller en préstamo ata 10 títulos.

     Por último,  para acceder á  "Plataforma Dixital ELBE.2"  clicade aquí  embaixo  e xa poderedes acceder á biblioteca dixital.  Introducide o Nome de Usuario e Contrasinal que vos enviaremos dende o centro e buscade o libro ou libros que os peques da casa queiran ler (tamén vós podedes escoller lecturas!).  Unha vez seleccionado, vos indicará todo o que precisades e os links para a descarga.

PREME AQUÍ PARA ACCEDER A PÁXINA DA PLATAFORMA 


 

Ningún comentario:

Publicar un comentario