luns, 2 de outubro de 2023

REABRE A NOSA BIBLIO!!

 Hoxe pola mañá ao chegar as nosas clases, atopámonos con algo totalmente inesperado!! Un camiño que debíu de deixar o noso amigo Librincios achegábamos a unha carta súa na que nos invitaba á apertura da nosa biblio! 

Ademais, tamén nos deixou a nosa gran querida mochila viaxeira, a caixa co itinerario lector e algo un pouco estrano... deixounos un pequeno "lixo" da súa casa, para que argallemos e lle demos voltas a cabeza para poder darlle unha segunda vida e facer algún xogo con el. Sei dalgunha clase que xa ten varios xogos na cabeza, isto pode ser moi divertido!




Xa podemos facer préstamos, desfrutar da biblio e da aula creativa nos recreos e.... o martes 24 estaremos todos e todas na biblio para celebrar a festa da biblioteca!



Pois xa sabedes, PATRULLA PLANETA, a darlle a cabeza, a desfrutar dos nosos contos e momentos chulos na biblio e... a coidar do noso planeta 😀


Ningún comentario:

Publicar un comentario