xoves, 19 de outubro de 2023

3,2,1... CONTACONTOS!!!

 CONTAMOS UN CONTO?

    Os días 17 e 19 de outubro, os nenos e nenas de E.I. tivemos un contacontos moi viaxeiro. Da man dun ratiño moi curioso e inquedo, descubrimos lugares abraiantes e amigos a mar de interesantes.

Ti sabías que o máis valioso das nosas viaxes polo mundo adiante son as novas amizades que facemos?

    A profe María visitounos nas nosas aulas e trouxo un conto que lle emprestaron nunha Biblioteca amiga. Titúlase "RATO EN FUGA" e está escrito por un señor de gran maxín que leva por nome MIGUEL ORDÓÑEZ.

    Esqueciamos  dicirvos que a profe viña acompañada dun amigo moi amoroso. Chámase Pancho e portouse xenial! Fíxose moi amigo noso e do ratiño do conto...


Ningún comentario:

Publicar un comentario