xoves, 27 de outubro de 2016

GAÑADORES DO CONCURSO DE MICRO RELATOS

Pois si, xa temos gañadores! Que caras de emoción ao escoitar os seus nomes!

Foron moitos os que participaron, e queremos agradecerlles a todos o tempo e o esforzo invertidos. Poderedes ler todos e cada un dos relatos no libro que poremos a vindeira semana no andel de novidades.
Coma sempre, fomos todos á Biblioteca do cole para a entrega de premios. Estabamos nerviosos e intrigados... ata que escoitamos os nomes dos gañadores!



Na categoría de 1º e 2º gañou Iago Costas Couto co relato El demonio asesino.

Na categoría de 3º e 4º gañou Nayara Soage Silva co relato La noche sangrienta.



Na categoría de 5º e 6º gañou Yeneba Romero Salgueiro co relato O Pazo do Conde de Gondomar.



Aquí tedes as caras de felicidade dos gañadores, que foron ovacionados por todos os demais alumnos do cole.


NORABOA AOS PREMIADOS 
E GRAZAS A TODOS OS PARTICIPANTES!

Ningún comentario:

Publicar un comentario