mércores, 2 de novembro de 2016

APADRIÑAMENTOS QUE EMOCIONAN

Xa comezaron os apadriñamentos lectores. Pouquiño a pouco, os maiores do cole baixan ás aulas dos seus afillados para reencontrarse con eles despois do longo verán. Canto lles gusta estar xuntos!

Algúns cursos, como 3º, prepararon unha obriña de teatro para coñecer aos máis pequenos do cole, os de 3 anos. Os tres proquiños en títeres deixaron encantado ao público... e iso que é moi esixente!




Os de 4º e 4 anos, comezaron cun encontro máis íntimo: lecturas de ti a ti nas que puidemos ver anacos de tenrura, ledicia, complicidade...



Encántanos esta actividade! E a vós?

Ningún comentario:

Publicar un comentario