luns, 24 de outubro de 2016

DÍA DAS BIBLIOTECAS EMOCIONÁNDONOS COS LIBROS

Hoxe celébrase o Día internacional das Bibliotecas escolares e, para celebralo, propuxemos unha actividade moi interesante na que traballamos ao mesmo tempo o gusto pola lectura, os datros dun libro e as emocións que nos proporciona a súa lectura.

Pedimos a todos e cada un dos alumnos e profes do cole que trouxeran un libro que lles gustase e que estivese relacionado cunha das emocións para encher os corredores de lecturas emocionantes: LEDICIA, TRISTURA, IRA, MEDO, NOXO e SORPRESA.


Pouco pero ben escollidos

Queredes sorpresas entre as páxinas do libro?

Estes tocan a fibra sensible do lector...

Gústanos tremer de medo...

Non cabe tanta ledicia no tendal!
A ira tamén está presente nos libros...

Coa axuda de Marcos, o noso imprescindible conserxe, preparamos uns tendais moi especiais para colgar os libros, que pouco a pouco foron enchéndose... 

Algúns están máis cheos que outros... Non cabe a ledicia no recuncho! Temos para dar e agasallar!  :)

Despois, para completar a actividade, fomos visitar os recunchos coa finalidade de anotar aqueles libros que queremos ler (título, autor e editorial) e poder pedilos aos seus donos. Cantas marabillosas recomendacións!

Aquí vos deixamos un pequeno resumo de fotos para que vexades o bonito que está o cole ;)



Ningún comentario:

Publicar un comentario