luns, 13 de xuño de 2016

COMPARTINDO LECTURAS E MOITO MÁIS

Os membros do Club de lectura deste curso fixeron onte unha actividade moi especial: foron ao Centro de día D'Alba para compartir lecturas cos maiores que pasan alí a xornada.

Durante este último mes prepararon con moito cariño un contacontos entre todos, O avó de Zulaimar, e un conto cada un, para a lectura máis íntima.

Ao principio estaban un pouco nerviosos, pero ao ver as caras de agradecemento e alegría do público... viñéronse arriba! O libro conta a historia dunha nena que non ten avó e decide inventar ela mesma un para pasalo ben na súa compañía...



Cando rematou a actuación, coma fan un montón de veces cos afillados, sentaron cos maiores e léronlles contos: Unha cousa negra, Gato Guille e os monstros, Imagina una noche..., Las crêpes de Mamá Panya, Voces en el parque...

Esta actividade é unha das máis bonitas do curso. A tenrura co que len, o cariño que amosan, as súas caras de emoción ao sentir que fan algo polos outrso...
Ao rematar, invotáronnos a merendar. Que riquiños!

Aquí vos deixamos algunha das imaxes deste día tan especial para nós. Seguro que vos gustan!


3 comentarios:

  1. que guai!!! Seguro que lles encantou!!!

    ResponderEliminar
  2. ME ENCANTA ESTA ACTIVIDAD SEGUIR ASI DANDO MUCHO CON TAN POCO SOIS GENIALES

    ResponderEliminar