luns, 13 de xuño de 2016

ÚLTIMAS EXPOSICIÓNS SOBRE O PROXECTO ANUAL

Nesta ocasión tocoulles ás aulas de 1º, 3º e 6º expoñer os seus traballos sobre o tema anual: Inventos e experimentos.
A piques de rematar o curso, xa son as últimas exposicións.

Os nenos de falaron sobre A bicicleta. Contáronnos a evolución deste medio de transporte dende que foi deseñado por  Leonardo Da Vinci ata o día de hoxe: rodas que cambiaron de tamaño, incorporación da cadea de transmisión, mellora do sistema de frenado...
Para rematar, amosaron os seus propios deseños das bicis do futuro: con alas, con turbopropulsores, con capota, cunha maxia que fai medrar flores por onde pasa...
Aquí vos deixamos o vídeo!



A aula de conseguiu demostrar que a física e a química poden ser moi entretidas se as aprendemos a través dos experimentos. A súa exposición, titulada Ciencia divertida, consistiu na realización en vivo e en directo de dous experimentos.
No primeiro, descubrimos como saber o pH dos productos que temos na casa para poder realizar un volcán con eles; e no segundo aprendemos que a luz branca é a combinación das sete cores do arco da vella... e quedamos abraiados coa demostración!
Aquí tedes o vídeo!



Finalmente, os alumnos de emocionáronnos falando sobre O gran experimento da vida. Avós e netos explicáronnos que nós mesmos somos un experimento, froito do nosos pais, das nosas familias, da escola, dos amigos... e da sociedade en xeral.
Despois fixeron un vídeo de despedida sobre o seu paso polo Centro que fixo caer algunha que outra bágoa.

Aquí vos deixamos o vídeo!



Nestes días colgaremos algúns traballos que realizaron estes cursos ao longo dos meses, pois a exposición foi unha mínima parte do esforzo que realizaron e de todo o que aprenderon.


GRACIAS A TODOS POLO TRABALLO!

Ningún comentario:

Publicar un comentario