venres, 27 de maio de 2016

UN CONTO E UNHA MOREA DE POEMAS

Vanesa e Jenni, nais de Kira de 1º  e Leire de 2º,  puxeron onte, a guinda as sesións de Contacontos deste curso para os alumnos/as máis pequenos de Primaria.

Jenni contounos como "NO PAÍS DOS MANDÓNS " uns cantos mandaban sobre o resto ,levándonos coa narración a reflexionar sobre o valor da igualdade, na que homes e mulleres teñen os mesmos dereitos.




Vanesa leunos poemas de " O LIBRO DOS BICOS" un libro de poemas ilustrado que posúe mil e unha historias ... unha morea de bicos que nos conquistan e consolan.


MOITAS GRAZAS  por compartir con nós estas lecturas !



1 comentario:

  1. inda que non o vin, seguro que foi super guai.
    xiana terceiro

    ResponderEliminar