martes, 7 de xuño de 2016

CLAUSURA DE ACTIVIDADES E ENTREGA DE PREMIOS

Hoxe pechou a Biblioteca. Xa sabemos que vos da moita pena, a nós tamén, pero é hora de facer avaliación, recoller os fondos, espurgar...

Aproveitamos a ocasión para ver os vídeos do Concurso musical e facer a entrega de premios. As gañadoras foron Eva de 5º e Alba de 5º anos, madriña e afillada lectoras, cunha canción moi tenra. Mirade o vídeo e xulgade vós mesmos!


Gañadoras do concurso :)

Pero demos outros premios: aos máis lectores de cada ciclo, e aos gañadores do concurso Atopa a resposta!


Tamén tivemos un detalle cos axudantes deste curso, pois sen eles non poderíamos levar a Biblioteca tan ben!
Entregámoslles un diploma e un detalle para que lembren o seu paso pola vida da nosa biblio.



GRACIAS A TODOS! VÉMONOS O ANO QUE VEN!

Ningún comentario:

Publicar un comentario