mércores, 18 de maio de 2016

ESCORNABOTS NA BIBLIOTECA ESCOLAR

Este curso fomos un dos 20 Centros de Galicia seleccionados para participar no proxecto Escornabots na Biblioteca escolar, convocado pola Asesoría de Bibliotecas escolares.

O pasado 13 de maio, a nosa compañeira Ana asistiu á sesión de formación inicial para aprender a montar o pequeno robot chamado Escornabot. Cando voltou... quedamos abraiados! Xa funciona!

Momentos da sesión de formación. Que contrados están todos os profes!

Agora temos que montar entre todos tres robots máis e poñelos en funcionamento para traballar as múltiples actividades que temos pensadas. Hoxe, por exemplo, puxémolo algo monstruoso para visitar aos máis pequenos...



Este robot é froito dun proxecto de Bricolabs, unha asociación creada para compartir experiencias en torno á tecnoloxía. O Proxecto Escornabot está realizado exclusivamente con software libre e pensado para achegar a robótica aos máis pequenos.


Aprendendo a programar o pequeno robot.

Considerámonos moi afortunados por poder participar e aprender xunto co resto de Centro elixidos. Xa vos iremos contando como traballamos co noso pequeno novo amigo.

Ningún comentario:

Publicar un comentario