luns, 2 de maio de 2016

MÚLTIPLES ACTIVIDADES PARA CELEBRAR O MES DO LIBRO

Pareceunos pouco adicar un único día a este obxecto maravilloso que nos acompaña no noso día a día escolar, transportándonos a mundos marabillosos, achegándonos a información que precisamos para satisfacer a nosa curiosidade, provocándonos emocións diversas... Por iso decidimos adicarlle un mes enteiro e convertemos a Abril no mes do LIBRO.

A primeiros de mes saíu a convocatoria para participar no concurso Portadas de foto. Recibimos 43 fotografías e foi moi duro elixir un gañador, pero o xurado tivo que facelo.
Aquí vos deixamos a imaxe gañadora. Para ver todas as que participaron, premede na imaxe.

Por outra banda, durante case dúas semanas as aulas estiveron traballando diferentes tipos de textos a través do uso de tablets: estructura dos contos, linguaxe da banda deseñada, creación de anuncios, elaboración de carteis...
Houbo obradoiros durante os recreos, a cargo da profe de TICs para aqueles que quixeran voluntariamente asistir e aprender máis sobre as Apps empregadas.
Aquí vos deixamos algúns dos traballos realizados.


Cómic realizado coa App Photo Comic Bubble, gratuíta para todos os dispositivos.
Cómic realizado coa App Photo Comic Bubble, gratuíta para todos os dispositivos.


O mércores 27, os tres grupos de Infantil acudiron a unha actividade organizada por Espazo Lectura en Gondomar.
Alí, xunto con escolares doutros coles, gozaron da obra de teatro baseada no conto de Adela Turín Rosa Caramelo, que combina palabra e música e onde se lle da a volta a roles e a estereotipos de xénero.
A actividade tivo lugar no auditorio Luis Tobío e, ao rematar, no parque da Coelleira, todos os asistentes cantaron unha poesía musicada de Manuel María: Caracol.

Momentos antes de cantar a canción todos xuntos
Un teatro moi ben preparado!

Ese mesmo día, no cole, o resto de alumnos inaugurou un gran mural feito coas aportacións de todos con recomendacións lectoras por idades. A actividade chamámola Te invito a una cita.
Cada alumno e cada profe escribiu unha cita dun libro que quería recomendar aos demais (por ser o favorito, por enganchar dende o principio, porque deixa con bo sabor de boca...) e colgouna, cual anuncio de "se alquila piso", no mural para que os demais puideran levarse os datos do libro e pedilo na biblio ou mercalo na libraría.
Aquí tedes algúns exemplos.







A verdade que queidamos esgotados con tanta actividade, pero como queda pouquiño para rematar o curso... imos seguir poñéndole ganas!


Gracias a todos pola vosa colaboración
e as vosas ganas!

Ningún comentario:

Publicar un comentario