venres, 29 de abril de 2016

EXPERIMENTANDO A MAXIA

Hoxe visitounos o Mago Teto, que veu dende Santiago de Compostela para facer no noso cole un espectáculo moi relacionado co tema que estamos a traballar este curso: Inventos e experimentos.

Momento no que converteu as luces recollidas nun bonito ceo nun pano.

Queremos agradecer a ANPA do cole a súa iniciativa, pois foron eles quen se encargaron de organizar todo. Nós só tivemos que deixarnos abraiar polo artista!

O "chow" comezou co mago roubando a enerxía dos nenos, en forma de luces que saían das súas cabezas.

O mago recollendo pequenas luces que aparecían nas cabezas dos alumnos.

Logo, coloreou un libro sen usar lapiz nin pinturas; cortou e arranxou unha corda coa axuda de Carlota; Iker e Elena axudáronlle a facer aparecer e desaparecer un ovo dentro dunha bolsiña; tivemos que librarlle dunha corda que o tiña ben suxeito; explicounos como a ciencia pode parecer maxia (aínda que a maior parte de nós xa o sabíamos porque nas clases facemos moitos experimentos...); Miguel e Dani pensaron empaparse cun vaso de auga; Marcos e Aroa foron imprescindibles para cambiar de sitio un paraugas... 

Ao final, dunha corda que queimou no escenario, saíu un papeliño co nome do gañador do concurso de fotos: José Liz por El nombre de la rosa.

A verdade que o pasamos en grande... Agora todos queremos ser magos!
Cada un dos trucos deixounos coa boca aberta e o mago fíxonos rir ás gargalladas (aos profes sobre todo).



Gracia aos papis por un rato tan estupendo!

Ningún comentario:

Publicar un comentario