venres, 29 de abril de 2016

GAÑADOR DO CONCURSO PORTADAS DE FOTO

Ao longo deste mes de abril estivemos recibindo as vosas fotos para participar no concurso proposto dende a Biblioteca.

O número total de participantes foi de 43. Non está nada mal! E a calidade... que difícil o tivo o xurado! 
Para nós era tan complicado que tivemos que acudir a xente máis entendida e máis obxectiva.

Houbo unha larga deliberación e, ao final, a foto que elixiron como gañadora foi esta, de José Liz, titulada El nombre de la rosa (facendo referencia ao libro homónimo de Umberco Eco).


O resto de participantes tamén merecería un premio, pero xa sabedes que o orzamento non alcanza para todo o que nos gustaria... Aquí vos deixamos todas as fotografías presentadas para que vexades vós mesmos que non mentimos cando falamos da calidade das mesmas.


Noraboa a todos, e gracias!

Ningún comentario:

Publicar un comentario