venres, 29 de abril de 2016

CORES NO CONTOMAR A CARGO DO NOSO COLE

Como cada curso, Espazo Lectura invitounos (como socio protector  que somos) a participar no Contomar, unha actividade que cada luns ten lugar na Biblioteca pública de Gondomar.

Nestas sesións, pequenos de entre 3 e 8 años gozan de contos de todo tipo que fomentan o seu gusto pola lectura e a aprendizaxe de valores fundamentais para a vida.

Catro profes do noso cole foron o luns 25 de abril a compartir con todos os asistentes unha sesión chea de cor. As lectura seleccionadas foron Pájaro Amarillo, Hombre de color, El pez arcoiris e Presiona aquí.

Pasámolo en grande e aprendemos a compartir, a respectar as diferencias e a xogar coas mesturas de cores.

Aquí vos deixamos algunhas fotos desta tarde de contistas!






Ningún comentario:

Publicar un comentario