xoves, 10 de marzo de 2016

¿Y SI NO FUERON FELICES Y SE HARTARON DE PERDICES?

Hoxe houbo sesión de contacontos para os alumnos de 3º ciclo. Que sorte! Ana Eva preparou un relato titulado ¿Y si no fueron felices y se hartaron de perdices?, de Pedro Pablo Sacristán. 

Trátase dun conto que aínda non está publicado en papel, só na rede, pero que a nosa contadora presentou nun precioso formato. Mirade:


Tamén había un castelo, pois todos sabemos que nos contos tradicionais de príncipes e princesas que nos contaban de pequenos, sempre había un castelo.


Qué pasa con esas parellas despois de que lemos o final do conto? Realmente "foron felices e comeron perdices" para sempre? E se non lles gusta ese final?

Con este conto reflexionamos sobre o que é amar, démonos conta de non todo é o que parece e, sobre todo, rímos un montón!

Moitas gracias Ana Eva, eres un sol!



Ningún comentario:

Publicar un comentario