martes, 1 de marzo de 2016

EXPERIMENTOS PREMIADOS

Xa temos gañadores do concurso convocado pola Biblioteca En febreiro, namórate da ciencia.
Foron 28 os vídeos recibidos en todas as categorías e... menuda calidade! Temos auténticos científicos entre nós! 

GRACIAS POR PARTICIPAR!

Todos eles merecen a pena ser vistos, por iso moi cedo publicaremos unha ligazón coa lista de reprodución dos mesmos.

Mentres tanto, queremos compartir con todos os cinco vídeos gañadores nas cinco categorías. As votacións do público asistente á proxeción (25 e 26 de febreiro) e do xurado especializao estiveron moi reñidas, xa que cada vídeo tiña algo especial que o facía gañador... pero había que decidir!

Na categoría de Infantil a gañadora é Zaira Fernández Baldomir, da aula de 5 anos, co seu experimento chamado A auga que sube pola botella.


Na categoría de 1º ciclo o gañador é Adrián Lages Álvarez, da aula de 1º, co seu experimento Como lanzar un foguete.


Na categoría de 2º ciclo o gañador é Anxo Montoto Freiría, da aula de 3º, co seu Microscopio caseiro.


Na categoría de 3º ciclo a gañadora é Yeneba Romero Salgueiro, co seu experimento O foguete voador.


Na categoría de adultos-familias os gañadores son José Daniel Salgueiro Vidal e a súa mamá Vanesa, co seu Holograma caseiro.



Todos os participantes recibiron un diploma e unha chapa durante a entrega de premios para agradecer o seu entusiasmo.
Aquí vos deixamos algunha foto da mesma.




Gracias a todos... sodes xeniais!

Ningún comentario:

Publicar un comentario