venres, 11 de marzo de 2016

A CIENCIA NOS MEDIOS E CIENCIA E FEMININO

Este mes de marzo temos moito que conmemorar (de feito non vai dar tempo a todo...) e, para facilitar o traballo das aulas, dende a Biblioteca propuxemos unhas actividades sinxelas, entretidas, didácticas e cooperativas con motivo da Semana da prensa e do Día Internacional da Muller.

A CIENCIA NOS MEDIOS
Un corredor enteiro e non nos caben as novas... Canta participación!


CIENCIA EN FEMININO
Sabíades que seis das sete promesas científicas de 2015 son mulleres?

Librincios pensou que traballar as novas en todos os seus formatos e chegadas de todos os medios de comunicación era unha boa idea de achegar a prensa aos máis pequenos e de recoñecer a labor de moitas mulleres que día a día traballan para mellorar o mundo.

Este ano, como ben sabedes, estamos a traballar no tema Inventos e experimentos, así que a misión foi dobre:

- Buscar novas relacionadas coa Ciencia e clasificalas segundo a nosa CDU (coa mesma traballamos formación de usuarios). 

Atopámolas nos periódicos, na radio, na televisión, en Internat... Esta é a clasificación a seguer:




- Buscar novas que, ademais de estar relacionadas coa Ciencia, estean protagonizadas por mulleres.



Aquí vos deixamos unhas cuantas fotos co resultado desta semana tan intensa:


Ningún comentario:

Publicar un comentario