venres, 18 de marzo de 2016

MÁIS EXPOSICIÓNS SOBRE INVENTOS E EXPERIMENTOS

Esta vez foi o turno das aulas de Educación Infantil e de .
Estiveron traballando todo este tempo en dous proxectos moi interesantes, que expuxeron este venres ante todo o cole... E que ben o fixeron!

Co vídeo dos máis pequenos aprendemos sobre o material empregado polos científicos,  o proceso a seguer en todo proxecto, o importante que é colaborar e que non hai idade para comezar a ser un científico dos de bata branca.

Na aula de 5 anos fixeron un "Brebaxe da bruxa" que nos deixou coa boca aberta, e na clase de 4 profundizaron en experimentos con cores... Menudos artistas!

Entre todos explicaron á perfección o método científico mediante a realización de xices de cores. aquí vos deixamos o vídeo.


Para rematar, cantaron todos xuntos a canción Buscamos utensilios de científicos... Son xeniais!



Despois, os nenos e nenas de 2º expuxeron o seu traballo, titulado De Gutenberg a Internet, co que aprendemos sobre a invención de algúns dos máis importantes aparellos na historia da humanidade: a imprenta, a luz eléctrica, a máquina de vapor, o telégrafo, o gramófono... ata chegar a Internet!

Sabíades, por exemplo, que Bell no foi o inventor real do teléfono? E como eran os primeiros ordenadores? Prestade moita atención.



Noraboa a todos! Gran traballo!

Ningún comentario:

Publicar un comentario