sábado, 16 de xaneiro de 2016

E-READRES EN MARCHA TAMÉN PARA 4º

Este curso serán os nenos de 4º, 5º e 6º os usuarios dos lectores electrónico ou e-readers dos que dispón a biblioteca.

Primeira toma de contacto co lectores
Nunha sesión de formación levada a cabo hoxe, puideron aprender como funcionan e coñecer as condicións de empréstito.

Xa levaron a casa as autorizacións para que as familias dean o seu consentimento e, o luns, comezarán a viaxar aos fogares! 

Alumnos de 4º aprendendo a usar o lector

Na barra lateral podedes atopar unha guía de usuario dos lectores e a relación dos libros que podedes solicitar para ler neles (tamén están na ZONA E-BOOK no taboleiro da biblioteca). 

Consultando os títulos que están á súa disposición

1 comentario: