xoves, 14 de xaneiro de 2016

O COELLINO BRANCO NA NOSA BIBLIO

Hoxe tivemos unha sesión de contacontos moi especial. 
Mali e Marina, a nai e a tía de Xonxa, prepararon con moito cariño a historia do Coelliño branco, de Xosé Ballesteros.

Os nenos e nenas de Infantil pasárono fenomenal, aínda que se asustaron un pouco coa Cabra Cabresa... que tiña uns cornos xigantes!

Coelliño Branco e Cabra Cabresa antes da actuación

Ao rematar, gustoulles tanto que pediron un bis.  
Queremos agradecer a participación das dúas artistas, que se meteron na pel dos dous personaxes protagonistas cuns disfraces moi orixinais.

Volvede cando queirades! Sodes benvidas!

Ningún comentario:

Publicar un comentario