luns, 26 de outubro de 2015

COMEZA O VI CICLO DE CONTACONTOS

Hoxe deu comezo o VI Ciclo de Contacontos na biblioteca escolar con dous títulos que deixaron encantados aos máis pequenos do cole: Pájaro Amarillo, de Olga de Dios, e Colores, de Hervé Tullet.














Os alumnos de Educación Infantil recibiron hai uns días a invitación para acudir a unha sesión titulada Colores. Chegaron puntuais e con ganas de pasalo ben.

Con Pájaro Amarillo aprendemos a importancia de compartir cos demais as nosas cousas e as nosas ideas. Este paxariño tan simpático saíu dun ovo e contounos a súa historia a través da profe Irene. Os seus inventos, a súa viaxe polo mundo, os amigos que coñeceu...

Despois, Pájaro Amarillo mandounos abrir un tesouro e apareceron un globos de cores... Menuda sorpresa! Había un vermello, un azul e un amarelo.
O conto Colores serviunos para experimentar coas cores e aprender a mesturalas para conseguer outras novas facendo un chisco de maxia... Qué ben o pasamos! Somos máxicos!

Ningún comentario:

Publicar un comentario