martes, 27 de outubro de 2015

BIBLIOTROCO NO DÍA DAS BIBLIOTECAS

Hoxe celebramos o Día das Biblioteca Escolares cun intercambio de libros moi especial.
Todo estaba preparado no patio cuberto. Había tres postos cos libros recibidos (máis de 80): un para os pequenos ata 2º, outro para os maiores de 3º a 6º e un máis para os adultos (que tamén quixeron participar).

Aldara foi a encargada do Bibliotroco dos pequenos

Eva e África levaron a cabo o intercambio dos maiores

Ana e Paula atenderon aos adultos
Despois do recreo, todos aqueles que tiñan bibliotrocos puideron acudir ao mercadiño de libros no patio cuberto.
Para algún foi moi difícil escoller o libro, pero outros o tiñen moi claro dende o primeiro momento.

Aquí vos deixamos algunas imaxes deste día tan especial!


Ningún comentario:

Publicar un comentario