mércores, 21 de outubro de 2015

PREPARANDO O DÍA DAS BIBLIOTECA ESCOLARES

Nunca se esgotan as ideas neste maravilloso Equipo de Biblioteca! 
Esta vez foi a profe Naty quen propuxo facer un bibliotroco para conmemorar o Día Internacional das Bibliotecas Escolares, que é o 24 de outubro.


Ao longo desta semana, os alumnos, profes e pais que queiran participar neste intercambio de libros teñen que traer un libro para recibir un bibliotroco a cambio.

Cada libro vale 1 bibliotroco
Xa temos un montón deles, pero agardamos que de aquí ao luns traiades moitísimos máis.

Posto para a entrega dos bibliotrocos na biblioteca escolar

Libros recibidos durante o recreo do xoves
 Os nosos axudantes están a facer unha gran labor, pois son eles os que xestionan a actividade! Noraboa chicos!


Eva, facendo o intercambio de libros por bibliotrocos nunha aula de Infantil
Noa e Ana atendendo aos alumnos durante o recreo

Ningún comentario:

Publicar un comentario