sábado, 19 de setembro de 2015

QUENTANDO MOTORES...

Xa queda pouquiño para abrir as portas da nosa biblioteca. Permanecede moi atentos porque moi cedo aparecerán os carteis da gran inauguración. Que ganas temos!

Estamos a traballar moi duro para ter todo listo: o Club de lectura, os Apadriñamentos lectores, o Ciclo de contacontos, a Aventura de ler...

Algunhas actividades xa deron o pistoletazo de saída, como as Mochilas viaxeiras, que están comezando a chegar aos fogares.

Todo listo para comezar a viaxe polos fogares!

Tamén está listo o Recuncho de pais, onde os maiores poden ler e levar emprestados fondos para eles. Animádevos!

Un espazo para acercar a nosa biblioteca a toda a Comunidade Educativa.

Ningún comentario:

Publicar un comentario