luns, 5 de outubro de 2015

INAUGURACIÓN DA BIBLIOTECA

Por fin abriron as portas para todos! Que ganas tiñamos!

Hoxe, ás dez en punto, fomos todos á Biblioteca para a inauguración. Había caras de espectación, de ilusión, de intriga... Ninguén sabía o que ía acontecer!

A espectación do público xustoa antes de dar comezo

MAXIA! MAXIA! Ese gran invento que a todos gusta e deixa coa boca aberta e os ollos preguntándose "Como o fixo?"

A profe Elena, alumna do profesor Cornellius da escola de Oxford, foi a estrela do espectáculo. Tiña gardados na manga dous trucos espactaculares!

Elena, máxica coma sempre!
Primeiro coloreou un libro coa mente e a axuda de todos... Quedamos abraiados!
Despois, adiviñou unha carta da baralla elixida por catro axudantes... Que poderes ten!

Neste vídeo podedes ver o espectáculo en fotos!


Ningún comentario:

Publicar un comentario