domingo, 21 de xuño de 2015

ÚLTIMA EXPOSICIÓN DE PROXECTOS DE INVESTIGACIÓN

O día 18 de xuño, para rematar o curso, fomos todos á biblioteca para ver as exposicións sobre o tema anual dos alumnos de 4 anos, 2º e 4º.
Todos eles traballaron moi duro e quixeron compartir con nós as súas aprendizaxes sobre o horto escolar.

A aula de 4 anos deleitounos cunha poesía sobre unha semente dourada e cun vídeo con moitas das fotos sobre o seu traballo como labregos. Aquí vos deixamos o vídeo para que vexades o ben que o fixeron:


Os alumnos de 2º fixéronnos pasar un rato moi pero que moi divertido cunha babosa simpática e pícara que comía todo o que eles plantaban.
Cociñar, cociñaron moito, pero tiveron que ir á tenda mercalo porque este bichiño non deixou que a colleita medrara.
Mirade qu e ben o fixeron:



Os nenos e nenas de 4º presentaron un concurso de preguntas e respostas dirixido a todos os alumnos e profes do cole: Canto sabes do horto escolar? 
Despois de formar os dous equipos participantes por sorteo, os concursantes tiveron que superar dez probas. Os gañadores levaron unha planta e os segundos clasificados unha semente para xerminar vida. 
Aquí vos deixamos o vídeo!

Ningún comentario:

Publicar un comentario