luns, 8 de xuño de 2015

CLAUSURA DE ACTIVIDADES

O 8 de xuño clausuramos as actividades da Biblioteca escolar. Este foi un ano cheo de lecturas e lectores, de investigacións, de... sementes de futuro!

Comezamos entregando os premios do concurso Atopa a resposta! As aulas de Infantil e 23 nenos e nenas de Primaria levaron un imán para a neveira con Librincios, a nosa mascota.

Expectación ante os premios

Despois demos os premios aos máis lectores de cada curso (de fondos da nosa Biblioteca). Foron todo nenas!

Todos os premiados ben contentos cos seus agasallos

Finalmente, recoñecimos a labor dos alumnos de 6º que levan 2 cursos como Axudantes de Biblioteca. Démoslles un diploma personalizado a cada un e un fortísimo aplauso ben merecido!

Os axudantes de 6º cos seus diplomas. Que imos facer sen eles!

Moitas gracias a todos por ser parte da vida desta Biblioteca.
Para o ano máis e mellor!


Ningún comentario:

Publicar un comentario