martes, 21 de abril de 2015

QUE É O BOOKCROSSING?

Estamos a preparar o Día do libro, que se celebra o vindeiro 23 de abril, e temos pensado facer un bookcrossing ou solta de libros.

Seguro que moitos de vós non sabedes o que é isto do que falamos, pero non vos preocupedes porque se vedes algún destes vídeos vai quedarvos ben clariño...








Pois, como acabades de ver, a actividade é moi sinxela e divertida... Onde acabarán os nosos libros? Seguiremos a súa pista!

Se ti atopas un destes libros (o calquera do movemento bookcrossing) podes deixar un comentario no seu diario. Non é difícil, segue estas instruccións:

2. Introduce o código BCID que ten o libro (aquí tamén podes cambiar o idioma da páxina).


3. Sen estar rexistrado (premendo en No gracias, prefiero quedar en el anonimato) podes dicir onde atopaste o libro, se che gustou, comentalo...

Seguro que estes libros van vivir unha gran aventura!

Ningún comentario:

Publicar un comentario