xoves, 16 de abril de 2015

EU NON FUN!

Hoxe Aida, Ruth e Ángela de 5º, coa colaboración de Tania, fixeron rir a esgalla aos alumnos de E.I. e de 1º co texto tan gracioso deste conto que encadeaba un animaliño tras outro para atopar o causante do problema. 

Gustoulles  tanto a  interpretación  aos nenos e nenas que as contistas tiveron que facer un "bis" e... porque non se lles deu opción a máis, xa que marcharon os pequenos para as súas clases berrando: Outra vez!

Parabéns rapazas polo bo traballo!

Ningún comentario:

Publicar un comentario