martes, 28 de abril de 2015

QUE É O QUE MÁIS AMAS ?

Claudia, Nara, Xoel e Mar, alumnos de 6º, prepararon para pais/nais e profes, unha sesión de contacontos, coa sempre imprescindible colaboración da profe Irene nestas propostas.

Cos dous contos escollidos "Ver la Luz" e "El amor y la amistad" conmovéronnos, amosandonos a beleza do que temos arredor e os diferentes puntos de vista sobre o amor.

Fíxéronnos disfrutar moitísimo, tanto cos textos como polo seu xeito de facer e de contar. PARABÉNS!

Rematou o contacontos, enchendo entre todos un mural coas respostas a pregunta da entrada. 

Cal sería a túa resposta ?
                      

Ningún comentario:

Publicar un comentario