luns, 13 de abril de 2015

CHOIVA DE POESÍA

Hoxe, cun sol radiante e bastante calor, choveu poesía no cole. Pensades que é mentira? Pois mirade esta foto!


Como remate das actividades do mes da poesía (que deu comezo o 21 de marzo), todos os alumnos do cole compartiron os seus poemas preferidos, que caeron metidos en globos dende as xanelas da calse de inglés.





Deste xeito, cada un recibiu un poema, escrito e ilustrado por outro compañeiro do Centro.
Os máis pequenos recibiron axuda dos maiores para lelo (e tamén en ocasións para explotalo) e, para rematar, unha persoa de cada clase leu ante todos o poema que lle tocou.
Cando disfrutamos!





Aquí vos deixamos un vídeo que resume este día tan especial e que tanto gustou a todos!

Ningún comentario:

Publicar un comentario