luns, 2 de marzo de 2015

A NOSA BIBLIO EN CONTOMAR

Coma cada curso e posto que somos socios protectores de Espazo Lectura, fomos invitados a participar nunha sesión de contacontos na biblioteca pública de Gondomar, nun espacio chamado Contomar.

Este ano, posto que estamos traballando un proxecto adicado ao horto escolar,  preparamos catro títulos relacionados co ciclo vital: Pilú-Pilú, Amora, Xaime e as landras e A toupiña que quería saber quen lle fixera aquilo na cabeza.

Aquí vos deixamos unha selección das fotos desta fantástica tarde. Pasámolo moi ben!

1 comentario: