xoves, 26 de febreiro de 2015

PILÚ, PILÚ!

Hoxe os alumnos de Infantil ata 4º asistiron a unha moi especial sesión de contacontos.
Xiana de 2º fíxonos disfrutar moitísimo coa súa posta en escea para contarnos Pilú, Pilú.

Axudada por un gracioso texto e unhas preciosas ilustracións, marabillounos coa amizade entre un pequeno paxaro e un enorme crocodilo.


 Parabéns para unha pequena , gran contista!

Ningún comentario:

Publicar un comentario