venres, 21 de marzo de 2014

POESÍAS QUE CAEN DO CEO

Dende que  comezou o mes de marzo, as Maletas Poetas encheron de versos as aulas.
Unha das Maletas Poetas que recibiron os Ciclos.

Cada clase traballou a poesía ao seu xeito, pero houbo algunhas actividades comúns que gustaron a pequenos e maiores.

POESÍA E...
Cada alumno e cada profe escribiu o que para el significa poesía. Fixemos un gran mural con todas as palabras.

Mural común no corredor de abaixo

POESÍAS QUE CAEN DO CEO
O Día Internacional da Poesía celebrámolo cunha choiva de globos cheos de poesía. Cada alumno e cada profe escribiu o poema que máis lle gustou dos que contiña a maleta e meteuno nun globo. 
Despois, caeron do ceo e cada un colleu un para explotalo e ler o poema que contiña.
Finalmente, algúns leron o poema para todos, nun pequeno recital co que rematamos a celebracón. 

Ningún comentario:

Publicar un comentario